Os Orzamentos do Concello de Monforte para 2022 serán eminentemente sociais

Ascenden a 14.892.364,97 euros
O alcalde monfortino José Tomé (esquerda) en rolda de prensa.

Monforte de Lemos | José Tomé Roca, alcalde de Monforte, explicou neste aspecto que “como se pode observar, o Orzamento para 2022 non aumenta con respecto ó do ano 2021 pero en realidade si o fai no apartado de ingresos porque se conta con case un millón de euros do ano anterior”.

“Son uns presupostos claramente sociais pensados para dar un mellor servizo a tódolos veciños de Monforte, e manteñen as liñas xerais de anos anteriores, porque Monforte evoluciona ben, nos que procuramos reducir o máximo o gasto corrente para atender outras áreas de gasto que para nós son prioritarias como son a atención as persoas, a mellora da cidade, o deporte, a cultura ou o medio ambiente”, destacou o alcalde en rolda de prensa.

“Este Orzamento é froito do rigor e da boa xestión económica que dende o equipo de goberno vimos realizando dende que estamos ó fronte deste Concello”, destacou o rexedor municipal. “Repasando a historia recente dos gobernos municipais de Monforte, nunca houbo unha racha de 7 anos consecutivos aprobando o orzamento en tempo e forma para que entre en vigor a principios do ano seguinte. Isto demostra a nosa seriedade e a boa xestión que fai este goberno, porque desta forma os orzamentos entrarán en vigor a principios do ano 2022”.

Os orzamentos serán levados o día 29 de decembro a Pleno “no que esperamos que o resto dos grupos municipais tamén o apoien porque trátase dun orzamento que é bo para Monforte”, subliñou José Tomé.