Oia reclama melloras urxentes no servizo eléctrico

A alcaldesa reuniuse co representante da Unión Fenosa Distribución

Oia | Ante os recentes cortes no subministro eléctrico, a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, solicitou con carácter inmediato unha reunión urxente co delegado de UFD (Unión Fenosa Distribución) o 23 de setembro, nun encontro no que participaron o delegado de UDF en Pontevedra, Francisco Ramos, e o xefe de operacións en Vigo, Marco Gelpi, a fin de analizar as causas sufridas e as melloras a implementar por farte da compañía para evitar que se sigan producindo cortes que tanto prexuízo causan.

Desde UFD anunciaron que se van a priorizar e intensificar as obras de mellora e adecuación da rede de distribución eléctrica no Concello. Neste sentido, a distribuidora comprometeuse a adiantar a substitución de determinados equipos, así como a intensificar as labores de tala e poda, tanto na liña principal do Rosal, como na liña de apoio de Gondomar.