Oia organiza a xornada “Enerxías Renovables. As eólicas en Galicia”

Este sábado 9 de setembro na Casa Forestal organizado pola Plataforma Turonio

Oia | A Plataforma Turonio organiza este sábado 9 de setembro a xornada “Enerxías renovables. A eólica en Galicia. Realidade e futuro”, a cal se desenvolverá na Casa Forestal de Santa María de Oia con programación en horario de mañá e de tarde.

A iniciativa concíbese como unha xornada de intercambio de experiencias e de reafirmación nas posicións en contra do proceso de depredación eólica que está a vivir Galicia. A través de diferentes intervencións e mesas redondas, persoas vinculadas ao mundo da investigación, o asociacionismo e o activismo ambiental e cultural compartirán as súas achegas.

A xornada comezará as 10.30 horas na Casa Forestal de Valdarca (Santa María de Oia)* e a asistencia é libre e de balde. A programación inclúe a celebración dun xantar comunal, para o que cada persoa asistente deberá levar a súa propia comida e bebida. *Coord. da Casa Forestal: GPS: 41.9993 N, -8.8559 O (41º59’57” N, 8º51’21” O).

Programa:
10.30h. BENVIDA E PRESENTACIÓN DA XORNADA
-Xosé A. Rodríguez, “Xúster” (Plataforma Turonio e presidente da comunidade de montes de Oia)
11.00h. SESIÓNS DA MAÑÁ
-“POR UN NOVO MODELO ECONÓMICO, ENERXÉTICO E SOCIAL”. Juan Hermida (IEM)
-“NOVO PARADIGMA NO ESTUDO DE PROXECTOS EÓLICOS”. Bruno Centelles (Rede Galega Stop Eólicos, IEM, SOS Groba)

-“O PLAN SECTORIAL EÓLICO DE GALICIA (PSEG). MARCO ADMINISTRATIVO-XURÍDICO”. Ana Varela (Asociación Petón do Lobo)
-12.30 Pausa/descanso

-“ECONOMÍA DAS ENERXÍAS RENOVÁBEIS. DOS EFECTOS INDIRECTOS Á PARTICIPACIÓN COMUNITARIA”. Xavier Simón (director do Observatorio Eólico de Galicia, OEGA)
-“MOBILIZACIÓN CIDADÁ. DO ASOCIACIONISMO LOCAL AO TRABALLO COOPERATIVO “. Aranza González (Plataforma Aire Limpo As Mariñas – Mandeo)
14.00h. XANTAR COMUNAL

16.00h. SESIÓNS DA TARDE
-“DO IRIBIO AO ACIBAL. REPÍTESE A HISTORIA”. Nery Díaz (Ecoloxistas en Acción Galiza “Atlántica e Verde”)

-“A EÓLICA MARIÑA EN GALICIA: PRESENTE E FUTURO”. Torcuato Teixeira (Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños)
– Mesa redonda e debate
18.00h. CLAUSURA DA XORNADA
-Xosé Lois Vilar (SOS Groba e IEM)