Oia contratará a 8 persoas dentro do Plan Concellos 2021

Financiado pola Deputación de Pontevedra

Oia | O Concello de Oia contratará a un total de 8 persoas ao abeiro do Plan Concellos 2021 (liña de emprego) da Deputación de Pontevedra. Os perfís que se solicitan son de condutor de maquinaria forestal (1 praza), albanel (2 prazas) e peón forestal (5 prazas) e en todos os casos se trata de contratos a xornada completa.

Poderán beneficiarse desta iniciativa as persoas desempregadas inscritas na oficina de Emprego de Baiona, que fará a preselección de candidaturas. Posteriormente, o Concello se encargará da selección definitiva.

Deste xeito resúmese o número de prazas para cada posto, o perfil solicitado (xunto co código correspondente no que deberán inscribirse na oficina de emprego as persoas interesadas) e máis a duración de cada contrato:

  • Prazas: 1. Perfil/Ocupación: Condutor/Operador de maquinaria forestal (CNO. 83221013). Período contrato: 10 meses (1 marzo-31 decembro)
  • Prazas: 2. Perfil/Ocupación: Albaneis-Oficiais de 1ª (CNO. 71211015). Período contratación: 9 meses (1 de marzo-30 novembro)
  • Prazas: 4. Perfil/ocupación: Peón Forestal (CNO. 65431028). Período contratación: 9 meses (1 de marzo-30 novembro)
  • Prazas: 1. Perfil/ocupación: Peón Forestal (CNO. 65431028). Período contratación: 5 meses (maio-setembro)

O Concello de Oia lembra que, para poder ser seleccionadas pola oficina de emprego, as persoas demandantes deberán estar inscritas no código correspondente ao perfil ao que queiran optar.