Oia acolle en decembro un obradoiro de decoración floral de Nadal

Organizaba pola asociación Fibromiño

Oia | O Centro Cultural de Santa María de Oia acollerá, durante o mes de decembro, un obradoiro de decoración floral de Nadal.

A actividade está organizaba pola asociación Fibromiño e conta coa colaboración do Concello de Oia.

As persoas participantes neste taller de traballos manuais aprenderán a elaborar un centro de mesa co que decorar as súas casas durante as festas do Nadal. As sesións celebraranse os xoves 2, 9, 17 e 23 de decembro en horario de 15.30 a 17.30 horas.

A actividade é gratuíta e as persoas interesadas poden reservar a súa praza chamando aos teléfonos 616.12.99.60 e 600.05.21.84.