Obras de peatonalización da rúa do Comercio en Chantada (Lugo)

Acordo de colaboración coa Xunta de Galicia

Chantada | A conselleira, Ángeles Vázquez, e o rexedor, Manuel Lorenzo Varela, asinaron o acordo de colaboración, onde se recolle que a Xunta licitará as obras unha vez que se conte co proxecto redactado polo Concello, que tamén asumirá o mantemento e conservación, unha vez recepcionadas as actuacións, e un 30% do orzamento da actuación (case 82.000 euros).

Ángeles Vázquez indicoulle que este tipo de iniciativas son prioritarias para o Goberno galego, que aposta por apoiar e financiar proxectos cos que se melloren os espazos das vilas galegas e, sobre todo, aqueles que melloran a funcionalidade e dan prioridade de uso aos veciños.