Obradoiro Dual de Emprego “Rehabilita Salceda”

Formará e empregará a 20 persoas

Salceda de Caselas | A alcaldesa e concelleira de emprego e formación Verónica Tourón  presentou, no CDL do Torrón, o obradoiro dual de emprego “Rehabilita Salceda”, acompañada de Marta Mariño, Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta en Vigo, e da directora do obradoiro María Isabel Outerelo, que conduciu o acto.

O obradoiro formará e empregará a 20 persoas que traballarán reformando e rehabilitando a casa do mestre anexa a aula de San Xurxo, o tellado da aula de Picoña, ambas pertencentes ao CRA Raiña Aragonta, e no acondicionando dun espazo municipal para o almacenamento selectivo de refugallos.

O alumnado-traballador seleccionouse a través de oferta presentada no Servizo Público de Emprego de Galicia, e tras superar as probas dun tribunal avaliador segundo as bases aprobadas, e será empregado a través dun contrato de formación e aprendizaxe.

Para levar a cabo o proxecto contratouse persoal directivo, docente e de apoio, que xestionará e executará o proxecto dende o propio CDL O Torrón en Salceda a parte formativa.

Esta complementarase coa alternancia de traballo e práctica profesional no concello de Salceda, para así recibir unha formación profesional adecuada á ocupación elixida.

Rematadas as obras do Campo Municipal de A Gándara
O concello de Salceda rematou as obras de mellora do muro lateral leste do campo de A Gándara, unha obra moi necesaria para asegurar o perímetro exterior do campo en relación ao camiño que discorre paralelo ao campo polo que transitan habitualmente pións e vehículos.

Para verificar as obras asistiron a alcaldesa Verónica Tourón, o concelleiro de Deportes Rubén González, o xerente da empresa que realizou as actuacións de mellora e o presidente do Caselas FC. José Carlos Pena Iglesias Ademais desta actuación leváronse a cabo outras como a habilitación de marcos para a colocación de publicidade e a mellora no acceso aos vestiarios e no cuarto de almacén  de mantemento.

A planificación das obras tivo en conta o desenvolvemento da tempada deportiva, xa que estiveron listas para que o Caselas F.C., equipo con 55 anos de historia, que milita no grupo 5 da Primeira Galega, disputara o seu primeiro partido na casa asegurando así o normal transcurso da competición.