Obradoiro de emprego sobre promoción turística da Guarda

Impulsado polo departamento de Turismo do Concello

A Guarda | A petición do departamento de Turismo do Concello, o alumnado e profesorado da especialidade de Promoción turística local e información ao visitante do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela, está levando a cabo unha serie de iniciativas dirixidas a continuar coa posta en valor de diversos recursos turísticos da Vila.

Dende o comezo do obradoiro, e combinado coa acción formativa, o equipo de traballo está facendo un estudio integral dos recursos para a elaboración dun inventario que se plasmará nun documento onde se recolle o patrimonio histórico-artístico, os espazos naturais, personaxes ilustres, rutas de sendeirismo, eventos, patrimonio inmaterial, etc.

Cabe salientar o proxecto que complementa o traballo feito ata a actualidade desde Turismo para a posta en valor das casas indianas, un importante reclamo turístico da nosa vila e que se pretende seguir revalorizando este singular patrimonio, para iso estase recopilando información, contando coa axuda e asesoramento de Miguel Villa, historiados local e gran coñecedor deste patrimonio.

Noutro orden de cousas, o alumnado traballador realizou unha enquisa a pé de rúa para coñecer de primeira man como ve a nosa poboación o turismo, os seus recursos, que grao de coñecemento teñen deles, que melloras consideran que hai que facer, etc.

Todas estas actividades son realizadas no centro de traballo, e combínanse con saídas de campo, que permiten estudiar a fondo eses recursos, e darnos unha visión máis realista do municipio.

Tendo en conta as novas tendencias no ámbito da promoción turística, abríronse dúas contas en RRSS que reforzan a labor promocional dos recursos, e do traballo realizado polo obradoiro de emprego na especialidade de turismo, (@promocionturisticaaguarda en IG, e Obradoiro Emprego Manuel B. Portela en FB.)