O XXXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense é para Antonio Seijas

Por 'Teoría do fin - Eurínome', premio é de 6.000 € e publicación da obra

Ourense | Antonio Seijas Cruz (Ares, 1976) é o gañador do XXXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense pola obra Teoría do fin – Eurínome, “un texto dunha alta solidez formal en que cada un dos capítulos tecen unha rede entre as leis físicas que inflúen no devir do universo e que as inciden na alma humana”, en palabras do xurado desta edición.

O gañador, Antonio Seijas Cruz.

Formado pola gañadora da edición do ano 2020, Lorena Conde, o crítico literario César Lorenzo e o secretario da Fundación Vicente Risco, Xosé González, o xurado escolleu a obra de Seijas de entre as 56 presentadas -25 máis que na pasada edición- porque “pousa o pé na física para alcanzar unha fenda pola que entrar con axilidade no metafísico”.

O premio Cidade de Ourense é de 6.000 euros máis a publicación da obra.

Antonio Seijas
Ares, 1976. Historiador da Arte, ilustrador, pintor e autor de banda deseñada. Publicou catro novelas gráficas: Un hombre feliz, gañadora do Certame Castelao (2006) e premio do público ao Mellor guión no saló del Còmic de Barcelona (2008), que tamén foi adaptado a formato radio-teatro pola Radio Nacional Eslovena.

Outras das súas obras son Cartas de inverno, premio Isaac Díaz Pardo ao mellor Libro Ilustrado da Asociación Galega de Editores (2012); La luz, nominada Mellor Obra Nacional en Expocómic (2014).

Deseña revistas, xornais, libros e tamén libretos de discos, como os do grupo Marillion. O soño da serpe é a súa primeira novela Editorial Galaxia).