O voluntariado ambiental xuvenil de Ponteareas organiza outra limpeza do río Tea

Esta vez, en kayak

Ponteareas | Dentro da programación de voluntariado ambiental xuvenil da concellaría de Mocidade e Voluntariado que dirixe Miguel Bouzó realizarase unha nova xornada de limpeza do río Tea este venres día 28.

Enmarcada na iniciativa “Venres polo Planeta”, ás 17 horas os e as participantes subiránse aos kayaks para limpar o lixo que remata na augas do Tea. Todos aqueles e aquelas que desexen participar deberán inscribirse en voluntariado@ponteareas.gal ou no número de teléfono 687 764 516

Concienciar á mocidade da importancia de conservar o noso medio natural, por en valor o patrimonio medioambiental e traballar en equipo para acadar unha vila máis sostíbel son os obxectivos das actividades do voluntariado ambiental xuvenil.

Outros artigos