• Segue conectado
  • |

O vindeiro venres, 10 de febreiro, será asinado o protocolo de creación da Eurocidade Tui-Valença.

O vindeiro venres, 10 de febreiro, será asinado oficialmente o protocolo de creación da Eurocidade Tui – Valença / Valença-Tui nun acto institucional a celebrar na antiga Alfándega de Valença e no que asistiran o presidente da Cámara Municipal de Valença, o alcalde do Concello de Tui, un representante da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte e un representante da Xunta de Galicia en representación tamén da Comunidade de Traballo Galicia – Norte de Portugal, cuxa presidencia ostenta actualmente a nosa Comunidade Autónoma.

A sinatura deste protocolo culmina ao proceso iniciado coa aprobación por parte do Pleno da Assembleia Municipal valenciana e da Corporación Municipal tudense deste acordo de cooperación entre ambos municipios que buscan así promover as sinerxías mutuas e potenciar a colaboración en múltiples materias en beneficio dos cidadáns de ambos municipios.
Xa ao longo dos últimos meses Tui e Valença teñen colaborado en numerosas iniciativas de carácter conxunto. Dende a recente participación na Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid ou anteriormente na Expogalaecia, á diversas competicións deportivas, actividades culturais como a Cabalgata de Reis, actuacións de caracter medioambiental como a plantación do bosque da Eurocidade, etc.. son algunhas das actividades xa desenvolvidas ao abeiro desta colaboración.
Como símbolo desta Eurocidade os responsables de ambos municipios teñen elixido o anagrama gañador no pasado ano das conmemoracións do 125 aniversario da inauguración da Ponte Internacional. Este logotipo moderno pero representativo desta ponte metálica que simboliza a unión de ambas cidades e as súas xentes foi adaptado polo seu autor Miguel Amenedo para esta nova función de representar á Eurocidade.

Publicado o 3 Feb 2012 en Baixo Miño, Tui, Valença.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies