O Val Miñor celebrou a Gala da I Primavera Videoliteraria

Organizado polo IEM e os Concellos de Gondomar, Baiona e Nigrán

Gondomar | O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), a súa sección PUGA (Promoción do Uso do Galego) e as alcaldías de Gondomar, Baiona e Nigrán, celebraron este venres 28 de maio ás 19:30h, a Gala da I Primavera Videoliteraria do Val de Miñor e a entrega de premios ás 22 gañadoras deste concurso celebrado no auditorio Lois Tobío en Gondomar en evento pechado por mor da COVID.

Entre as modalidades de videopoesía e videorrelato repartíronse preto de 4000 euros en premios, aportados polas alcaldías citadas e que na súa maioría (todas as categorías a excepción de Carballo) foron premios en vales que reverterán no fomento do consumo local, conseguindo así os dous obxectivos de fomentar a creación literaria e artística e por outra banda favorecer o consumo local.

Nos vindeiros días publicaremos nas redes sociais do IEM os vídeos premiados nas distintas modalidades.

Os premiados foron os seguintes:
VIDEOPOEMA
C.CARBALLO
1º OURO-A meta Lucía García Giráldez
2º PRATA- Palimpsesto de Raúl Costas Pereira
ACCESIT –Cosmocidas de Raúl Costas Pereira
ACCESIT- Recordas de  Arancha Rodríguez Fernández e Emilio José Carral López
ACCESIT-Fíos e novos tecidos de Anubis Muñoz Orta
ACCESIT- Somos auga de Clara María Seco Pérez e José Pereira Silva

C. XABARIL
1º OURO-Lémbrame de Nuria Costas Misa
2º PRATA-  Muller de Itziar Misa Da Cuña
ACCESIT A primavera de Lois Cruces Pérez

C. TEIXO
1º OURO-Que farei de maior? de Héctor Costas Misa
2º PRATA-  Nube de algodón de Brenda González Lesme
ACCESIT-Branco coma a espuma de Isabella Martínez Villero
ACCESIT-Soños cumpridos de Anxo Lorenzo Misa
ACCESIT-Unha brisiña de Nerea Carvalho Figueiró
C. BOLBORETA
1º OURO-Os avós da miña vida de Xosé Lorenzo Misa

VIDEORRELATO
 C. CARBALLO
1º- OURO-A Ghallarda de José Troncoso Barros
2º- PRATA- Formigas de Laura Rodríguez Manso
ACCESIT-Ollos de mar de M. Carmen Alonso González
ACCESIT-Unha vaca de Raúl Costas Pereira
C. XABARIL
1º- OURO-Contraste de Nuria Costas Misa

C. ESQUÍO
1º- OURO-Salvemos o planeta de Alexandra Alfaro Pérez
2º- PRATA- O xardineiro Pepe de Carlota Fontelo Araújo