O TSXG obriga ao Concello de Ourense a pagar á concesionaria do transporte urbano

O Concello tivo que abonar ao Grupo Avanza un suplemento de 5,6 millóns de euros

Ourense | O Concello de Ourense terá que abonar 2,3 millóns de euros á concesionaria do transporte urbano da cidade, pola prestación deste servizo entre os anos 2015 e 2018 coa concesión caducada.

Corresponde á reclamación efectuada pola concesionaria, para compensar o desfasamento dos custos por unha concesión en precario que tivo que realizar aínda despois de ter caducado, sen que o Concello renovara adaptando os custos do servizo.

O Concello terá que pagar ao Grupo Avanza, titular da concesión caducada, case 5,6 millóns de euros. Agora, as arcas municipais só terán que facerse cargo do pago de 2.299.484 euros, é porque 3.282.887 xa os abonou. O percorrido da vía xudicial parece agora concluír co fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O actual Goberno municipal lembra que o litixio provén de 2016, e que as cantidades corresponden a unha reclamación realizada entón pola concesionaria, que solicitou no xulgado unha compensación económica do 6% para cubrir os custos reais do servizo e o correspondente beneficio industrial da empresa pola devandita prestación.