• Segue conectado
  • |

O tren turístico da Eurocidade realizará esta fin de semana dúas viaxes até os muíños do Tripes

Tui | Esta fin de semana, tanto o sábado coma o domingo, o tren turístico da Eurocidade realizará unha viaxe dende o centro urbano até os muíños do río Tripes. Sairá as dúas xornadas ás 10 h dende a Praza da Inmaculada e regresará ás 13 h. As prazas ofertadas son 30 que se deben reservar na Oficina de Turismo ou no correo turismo@tui.gal.

Con este percorrido do tren até os muíños do Tripes búscase promocionar a visita a este conxunto patrimonial tanto por parte dos propios tudenses coma das persoas que ao longo desta fin de semana se acheguen a Tui.

Publicado o 6 Out 2020 en Portada, Tui, Turismo.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies