“O Río que nos Une”, un encontro da mocidade da Guarda e Caminha

Abertas as inscricións para participar no proxecto

A Guarda | Aberta a pre-inscrición para a participación no proxecto O Río Que Nos Une impulsado por FOCO, a Cámara municipal de Caminha e o Concello da Guarda, que consta de tres encontros de fin de semana gratuítos no Mosteiro de São João D’Arga, en Caminha, Portugal.

Nos encontros participarán 20 mozas e mozos entre eles 10 de A Guarda e 10 de Caminha, cunha idade comprendida entre os 14 e os 19 anos. Estes encontros serán de fin de semana dende o venres ata o domingo despois de xantar.

As datas previstas son:
24, 25, 26 marzo
28, 29, 30 abril
26, 27, 28 maio

O principal obxectivo será o de coñecer a persoas da outra parte da desembocadura do río e identificar os puntos e inquedanzas comúns e deseñar actividades para mocidade que posteriormente financiarán e implementarán os dous municipios.

O acceso ao formulario de inscrición é a través o link https://forms.gle/uPhoKwdwW1gPavGv9

Máis información na OMIX da Guarda informacion@aguarda.es