O queixo de Allariz en Galicia Fórum Gastronómico

Anxo Quintana falou do Ecoespazo O Rexo

Allariz | Galicia Fórum Gastronómico está aberta na Coruña e constitúe un dos mellores escaparates para a promoción das empresas da economía social, entidades con gran presenza na comunidade que manteñen un compromiso real co emprego igualitario e de calidade e co territorio.

Anxo Quintana estivo convidado para falar dos seus proxectos no Ecoespazo O Rexo de Allariz. “É a convención gastronómica máis importante do norte de España. Reúnense os mellores chefs, restaurantes e produtores de materia prima”, comentaba Quintana. “É especial para que as queixerías máis importantes expoñan os seus productos. Temos a sorte de que nos convidaran a expoñer o queixo do Rexo”, explica o que fora alcalde da vila.

“Eu a charla a titulei como ‘O Rexo: o queixo como epicentro dun proxecto rural de desenvolvemento’. Queremos trasladar que O Rexo produce queixo pero que é moito máis que iso. O proxecto comeza coa recuperación das superficies abandoadas. Despois coa introdución de ovellas que manteñan os terreos en condicións, para o- pastoreo e como base para a produción de leite de calidade. Isto levounos a producir un queixo de ovella, que cada vez ten máis recoñecemento non mercado e na alta cociña, como puidemos comprobar niste foro”.

Quintana explica que sempre quixeron colaborar e multiplicar co que se fai en Allariz, elaborando queixo de vaca feito coa granxa Ecoleia de Allariz, un proxecto colaborativo e innovador. “Nós non conformámonos con facer queixo e presentamos neste foro o cordeiro e os embutidos de ovella”, conclúe Quintana.

Oito cooperativas están presentes este ano no espazo da economía social, onde promocionan produtos cárnicos (Tres Fuciños e Verín Biocoop), hortofrutícolas (Milhulloa e Terras da Mariña), lácteos e derivados (Productores del Campo de Capela e Gaia), vitivinícolas (Bodegas Eidosela) e salsas (A Factoría do Lume). Como destacou, “o cooperativismo está a facer un labor fundamental na fixación de poboación no rural”.

A Xunta de Galicia está presente neste evento con outros espazos propios nos que, por exemplo, a Consellería do Medio Rural acubilla unha trintena de empresas que amosan as súas producións de calidade (produtos con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida, agricultura ecolóxica e a recente certificación de Artesanía Alimentaria) e a Consellería do Mar achega o sabor de peixes e mariscos ao público en xeral e profesional. A Xunta de Galicia mantén un firme compromiso cos seus produtores, pequenos e grandes, cooperativistas, pemes e autónomos. Nun foro coma este, quere poñer en valor a calidade dos produtos que ofrece a súa terra e o mar.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.