O PSdeG valora moi positivamente a mellora da seguridade viaria na N-541 ao seu paso por Punxín (Ourense)

Tras visita da voceira Lorena Peleteiro e da deputada Uxía Tizón
Lorena Peleteiro e Uxía Tizón, diante das obras.

Punxín | O PSdeG-PSOE de Punxín valora “moi positivamente” os investimentos levados a cabo polo Goberno central, a través do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, na N-541 ao seu paso polo municipio. As socialistas salientan que se trata dunha obra que permitirá mellorar a seguridade viaria na estrada.

A voceira socialista en Punxín, Lorena Peleteiro, e a deputada do PSdeG-PSOE de Ourense no Congreso, Uxía Tizón, visitaron as obras que se están levando a cabo nesta estrada, destacando que se trata dunha obra “clave en materia de seguridade” e afirmaron que esta actuación “é moi importante, xa que redundará e permitirá unha maior seguridade para os usuarios e usuarias que empregan a diario esta estrada”.

A voceira socialista aproveitou a visita da deputada nacional para trasladarlle as inquedanzas dos veciños e das veciñas de Barbantes, debido ao estado no que se atopan as beirarrúas da estrada. Peleteiro considera “necesaria” unha intervención para a mellora das beirarrúas e así llo trasladou a Tizón, quen tomou boa nota para trasladar esta situación ao executivo.

As obras na N-541 ao seu paso por Punxín que o Estado está a realizar consisten na substitución dunha tubaxe metálica deteriorada da obra de drenaxe transversal existente por outra de nova construción, median a escavación dun terraplén que permita a execución e instalación desta nova estrutura con total seguridade, que mellorará a canalización e a drenaxe da estrada, por cuxa tubaxe transcorre o arroio do Faro.  As obras que comezaron en xullo de 2021, está previsto que rematen en 2021, en función da meteoroloxía.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!