O PSdeG de Salceda sae reforzado do 4º Congreso Provincial

Asistiron a alcaldesa Verónica Tourón e Ana Belén Valiño

Salceda de Caselas/PSdeG-PSOE | O PSdeG de Salceda de Caselas valorou dunha forma moi positiva a súa participación no 4º Congreso Provincial do PSdeG de Pontevedra que se se celebrou en Vigo durante os días 11 e 12 de febrero, no que se proclamou de novo como Secretario Provincial a David Regades.

Dúas delegadas, Verónica Tourón e Ana Belén Valiño, asistiron como representantes da agrupación socialista salcedense que viu aumentado o seu peso dentro do PSdeG de Pontevedra, ao obter un posto na nova executiva provincial a alcaldesa Verónica Tourón como Secretaria Emprego e un posto no Comité Provincial para o seu compañeiro de agrupación Luis Pereira.

Verónica Tourón: “Comezamos con ilusión esta nova etapa política a nivel provincial e con gañas de afrontar o principal reto político que temos por diante as e os socialistas en Pontevedra, as próximas eleccións municipais para mellorar resultados electorais e reforzar os nosos gobernos nos concellos”.

“Ofrecer todo o noso apoio ao novo secretario provincial David Regades, para fortalecer o noso partido a nivel provincial, a través dun proxecto político que nos leve a revalidar os bos resultados electorais destes últimos catro anos.”, rematou Tourón.