O PP de Ourense constitúe comités comarcais

Representan ás comarcas de Caldelas, Viana e Trives

A Pobra de Trives/PPdeG | Os representantes populares nas comarcas de Caldelas, Viana e Trives reuníronse en A Pobra de Trives para constituír os comités comarcais que o líder provincial do PP, Luís Menor Pérez, vén de impulsar por todo o territorio para coordinar a actividade política en toda a provincia.

Nesta convocatoria participaron os alcaldes, portavoces e concelleiros de once concellos: O Bolo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, Montederramo, Pobra de Trives, San Xoán de Río, A Teixeira, Viana do Bolo, Vilariño de Conso.

Como representantes dos citados comités foron elixidos Roberto González, portavoz no Concello de Trives, e Alejandro Pérez, concelleiro en Castro Caldelas.

Luís Menor explicou a función destes órganos, deseñados para facer presente o partido por todo o territorio, pero tamén para “afrontar unhas eleccións esenciais para a estabilidade e o progreso en Galicia, como só o PP sabe facelo”, segundo dixo.