O PP de Lugo quere manter as alcaldías na provincia e acadar a da capital

A campaña será liderada pola súa presidenta Elena Candia
Elena Candia con Alfonso Rueda Valenzuela.

Lugo | Elena Candia, presidenta do PP na provincia de Lugo agradeceu a Alfonso Rueda Valenzuela, que dese inicio en Lugo á campaña de cara ao congreso galego. “Empezas en Lugo, diante os artífices dos mellores resultados en porcentaxe de apoio ao proxecto do Partido Popular en Galicia e tamén dos mellores en España. Dende o 2016, o noso proxecto político logrou nas diferentes citas electorais arredor de 5 ou máis puntos por riba da media galega, por poñer un exemplo”.

Candia manifestou que “Lugo sempre foi determinante no apoio ao noso proxecto político”. En relación ás eleccións autonómicas “foi contundente o apoio dos lucenses que contribuíu a acadar as distintas maiorías absolutas”.

Incluso, nas dúas últimas citas coas urnas, o PP logrou superar o 50% dos votos dos lucenses: o 52,85% no 2016 e o 54,64% no 2020, o que supón un 5,32% máis que a media galega no 2016 e un 6,68% no 2020. A popular engadiu que “o PP lucense seguirá sumando, como sempre fixemos, porque, co PP nos gobernos, os lucenses sempre estivemos seguros. Foi durante os 13 anos de goberno de Feijóo, seráo co presidente Rueda e seráo próximamente no Goberno de España, con Alberto”, remarcou.

Candia asegurou “que Lugo non defraudará. Imos a por todas: queremos manter as alcaldías e acadar outra novas como a de Lugo; e queremos dar o salto á Deputación. Sabemos que quedan meses de traballo; un traballo que non comezou hoxe nin onte, feito moita veces en silencio e que non se traslada nos medios ou públicamente, pero que ten peso e pouso.