O Porriño inicia a recuperación e conservación das Gandaras de Budiño

O proxecto, que supón un investimento de máis de 1,3 millóns de euros
O Porriño | O Porriño alberga un dos humedais interiores máis interesantes de Galicia. As Gándaras de Budiño e as ribeiras do río Louro serán recuperadas ao seu estado natural coa posta en marcha do proxecto de restauración, conservación e uso público de ambas zonas que dispoñen dunha rica representación de hábitats naturais, entre os que se atopan bosques pantanosos, lagoas e brañas.
O alcalde do Concello de O Porriño Nelson Santos e a concellala de Medio Ambiente, María José Martínez, visitaron as obras que se están acometendo acompañados do xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, José Luís Díez, o técnico municipal, Rafael Alonso, a directora do proxecto, Ángela Rodríguez e operarios da empresa concesionaria da obra. Santos sinalou que “coa execución deste proxecto O Porriño recuperará unha grande zona verde, de máis de 700 hectáreas, que leva asociada unha elevada diversidade de fauna e flora. Tras anos de degradación progresiva do humedal agora conseguimos poñer en marcha esta actuación cuxo elemento básico é a excavación e baleirado parcial do vaso da Lagoa de Budiño, colmatado polo aporte de materiais procedentes sobre todo das canteiras, de forma que se converta nunha zona de observación experimental do proceso de regeneración da mesma”. Ademais, a posta en marcha do Sistema de Saneamiento do río Louro tamén contribuíu, en gran medida, a lograr unha adecuada recuperación medioambiental da zona.
A obra realízase no marco do convenio de colaboración do MAGRAMA coa Xunta de Galicia sobre actuacións en materia de Rede Natura. O investimento é de máis de 1,3 millóns, financiado pola Unión Europea e os gobernos Estatal e Autonómico. Os traballos deron comezo o pasado mes de agosto, cun prazo de ejecución de tres anos, no entanto, desde a dirección da obra apuntan que a meteorología terá un papel fundamental no desenvolvemento dos traballos xa que as tempadas de choiva ralentizarán todo o proceso ao tratarse dun humedal.
Ademais dos labores de extracción do material alí acumulado durante anos e que, nun primeiro momento, derivarase ao reencho de canteiras situadas no propio municipio, este proxecto de restauración das Gándaras de Budiño tamén contempla a realización dunha senda perimetral peatonal que permita separar o polígono do espazo natural e posibilite o uso público do mesmo. Neste sentido, o alcalde indicou a intención de “trasladar o tramo do Camiño de Santiago, que agora transcorre pola estrada que atravesa o polígono das Gándaras, ao interior deste espazo natural, mellorando a contorna polo que transitan a diario múltiples peregrinos”.
O proxecto tamén contempla a ejecución de tres boquillas de descarga, controlando os vertidos e sedimentos arrastrados que comprometen a saúde ambiental deste espazo natural. Unha delas sitúase no paraje denominado como Pinar de Cristanto, outra se localiza fronte ao aparcamiento de Citroën e, para rematar, a terceira está detrás de Ferros Arteta. Ademais, tamén se prevé a restauración da permeabilidad na Braña do Arroio, para o que se abrirán pasos baixo o camiño que actualmente divide o prado en dous e que está ocasionando a desecación dunha das zonas. E para rematar, outra das actuacións secundarias céntrase no desmonte dun mogote orixinado por un antigo reencho e o baleirado parcial doutros dous rellenos.