O Porriño gardou minuto de silencio en honor á ex alcaldesa Eva García de la Torre

Decretado tres días de loito

O Porriño | O Porriño gardou hoxe un minuto de silencio en sinal de loito polo pasamento da que foi a súa alcaldesa durante seis anos e concelleira da corporación, Eva García de la Torre, falecida este 27 de xaneiro vítima dun infarto.

Aos pés da Casa Consistorial reuníuse a corporación local ao completo, o corpo da Policía Local que lle rendeu homenaxe poñéndose en formación, Garda Civil do Posto do Porriño, e veciños e veciñas do Porriño.

Outros artigos