O Porriño estará presente no Mundial de Policías e Bombeiros en Rotterdam

O axente da Policía Local, Javier Rodríguez, participará na modalidade de ciclismo

O Porriño | O axente de policía local Francisco Javier Rodríguez representará ao Porriño nos mundiais de Policías e Bombeiros que se celebrarán en Rotterdam (Países Baixos) entre os días 22 e 30 de xullo.

Javier loitará polo podio nas probas de ciclismo, na que participarán 560 deportistas de máis de 80 países. O axente é un veterano neste evento no que compite dende o ano 2003 colleitando un importante palmarés. No seu haber, catro medallas de ouro, tres de prata e dúas de bronce.

“É unha honra para este Concello que alguén como Javier, coa súa traxectoria deportiva, leve o noso nome polo mundo”, afirmou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Por iso colaboraremos sempre con el e terá o noso apoio. Deséxolle moitísima sorte aínda que estou seguro que á súa volta celebraremos un novo éxito. Para Javier e para todo o O Porriño”.

Os campionatos do Mundo de Policías e Bombeiros regresan este ano tras o parón pola pandemia en el participarán uns 15.000 deportistas de 60 modalidades.