
O Pereiro de Aguiar | Tras as intervencións realizadas o pasado ano nas pistas da urbanización de Veiga de Abaixo, de Monterrei e do núcleo de Calvelle, este ano proxéctase a rehabilitación das instalacións deportivas da urbanización Tapada de Bouzas e de Vilariño.
As obras contemplan a renovación integral dos pavimentos, actualmente deteriorados, mediante a instalación de novas superficies de céspede sintético e resinas deportivas, así como a mellora do equipamento existente. O investimento total previsto ascende a 61.800,65 euros.
Con este proxecto, o Concello dotará ambas as zonas de pistas renovadas e de alta calidade, axeitadas para a práctica deportiva e o desfrute da cidadanía. Un novo investimento que reflicte o compromiso municipal co deporte, a saúde e a mellora continua dos espazos públicos. Na foto a Tapada de Bouzas.




