O parque empresarial de Xinzo de Limia reforzará o subministro eléctrico

Grazas a un investimento público de 246.937,41 euros

Xinzo de Limia | A Xunta de Galicia procederá á execución das obras de reforzo, adecuación ou reforma da instalacións da rede de distribución de enerxía eléctrica do parque empresarial de Xinzo de Limia.

Así o acordou o consello de administración de Xestur, que autorizou a contratación destes traballos para mellorar o equipamento xeral. Deste xeito, garántese un subministro de calidade para todo o parque empresarial, grazas a un investimento público de 246.937,41 euros.

A Xunta licitou o pasado mes de novembro as obras de urbanización da ampliación do polígono, por importe de máis de 3,6 millóns de euros, e prevé a súa adxudicación en marzo.

O parque de Xinzo de Limia ampliarase en 118.695 m2, dos que 86.521 se corresponden coas 23 novas parcelas deste ámbito empresarial.