O número sete da Revista Nós, a Xente do Redor presentase este domingo

Haberá unha charla coloquio sobre o mundo rural

A Veiga | No Concello da Veiga o domingo dez de xullo, presentarase o número 7 da revista Cultural Nós, a Xente do Redor. Desta vez a portada é obra do pintor Paco Ascón, veciño de Xares, “Onde a beleza sempre te sorprende.” en palabras do pintor.
Nesta ocasión medio cento de colaboradores, autores e amigos do colectivo Nós a Xente do Redor, compartirán xornada coas xentes deste concello e con outros persoeiros chegados de distintos puntos de Galicia.

Os actos celebraránse na sala de conferencias do Toural e o remate da presentación da revista farase un recorrido polo pobo para disfrute dos visitantes.

Haberá unha comida de fraternidade e logo unha charla coloquio baixo o título:” Implicacións culturais e ensino, tradición e desenvolvemento no medio rural”.

Nesta charla participarán o alcalde da Veiga Juan Anta; Benito Eladio Rodríguez, escritor, poeta e adegueiro; Carlos Xabier Ares, investigador social; César Luis Santamarina, economista e escritor; Piedad Valencia, mestre xubilada con grande que experiencia no medio rural; Paco Ascón, pintor, escritor e vivindo en Xares (A Veiga); Adela Figueroa, licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago, catedrática de Bioloxía-Xeoloxía, escritora e poeta; Avelino Jácome, empresario ourensán do sector da Publicidade e a Comunicación, editor e escritor.