O MUVICLA de Lugo entra na Rede de Centros Museísticos

Especializado na evolución da cultura agraria galega

Láncara | O Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (MUVICLA), situado en Trasliste (Láncara) do que é promotor Marcos Vázquez Marey, integrouse na Rede de centros museísticos de Galicia aprobada pola Xunta, que suporá maior proxección para esta singular proposta.

O MUVICLA está especializado na evolución da cultura agraria galega e os seus obxectivos son divulgar a evolución e o desenvolvemento da casa de labranza que lle dá soporte e, por extensión, da historia da mecanización da agricultura en Galicia.

Tamén reflicte a transformación deste sector produtivo e ilustra os cambios producidos na sociedade rural galega desde mediados do século XX.