O “LampreaBus” conectará Arbo con Portugal

O Concello impulsa este servizo gratuíto con Melgaço de cara á Festa da Lamprea

Arbo | O servizo especial e gratuíto de transporte “LampreaBus” incorporará ao municipio portugués de Melgaço coa finalidade de atraer visitantes no marco da Festa da Lamprea do 24 ao 26 de abril.

As paradas en Melgaço serán na Estación de Autobuses e na praza da Câmara Municipal. O “LampreaBus” tamén conectará con todas as parroquias de Arbo e Concellos limítrofes como A Cañiza, Crecente e As Neves.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.