O Grupo Fonmiñá amosa a súa satisfacción pola XLIII Semana do Cine de Lugo

Recibiron 1.481 películas de diversos países

Lugo | Celebrada a XLIII Semana de Cine de Lugo (segunda desde o comezo da pandemia), o Grupo Fonmiñá quere manifestar a súa satisfacción e agradecemento polos resultados conseguidos, evidenciando un claro avance cara a normalidade, e o desexo dos lucenses de participar nos feitos culturais e sociais.

Se en 2020 a Semana se celebrou no mes de novembro, agardando pola melloría das condicións de celebración, neste ano voltamos ao tradicional mes de setembro, con absoluto respecto á normativa vixente tanto por parte da organización como por todos os participantes nas actividades da Semana.

Recibimos un total de 1.481 películas de prácticamente todo o mundo. Delas, 1.286, a través da Plataforma Festhome; 142 da plataforma: Click For Festivals, 34 de productores independientes e 19 de distribuidoras españolas.

Exhibíronse un total de 135 películas (longametraxes e curtas), incluídas as programadas nos ciclos “Deixade que o cine…”, que comprendeu a Semana infantil que organizamos para a Asociación de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual, ASPNAIS) e as Semanas celebradas nas prisións de BONXE, MONTERROSO e TEIXEIRO co “Especial Concepción Arenal”, en colaboración con Institucións Penitenciarias e a Asociación Concepción Arenal.

En Aspnais, foron 100 os usuarios que asistiron ás proxeccións, e 300 os participantes nos ciclos das prisións. Nas salas lucenses, asistiron ás proxeccións 2.210 persoas (o ano anterior foron 467), das que 1.646 acudiron ao Auditorio Gustavo Freire, 176 ás sala da Deputacion Provincial, 133 ao Vello Cárcere, 163 á Casa do Saber-Vicerreitorado da Universidade, e 92 á Biblioteca provincial.

No Auditorio Gustavo Freire (Pazo do Festival), exhibíronse as película das seccións INFANTIL, XOIAS DO ANO, CURTAMETRAXES e SECCIÓN OFICIAL; Na Deputación Provincial, CINE DE NACIONALIDADES e HOMENAXES; No Vello Cárcere, CINE DOCUMENTAL, A OUTRA BEIRA e CINE E FOTOGRAFÍA; na Biblioteca provincial, o ciclo E PARA COMER, LUGO. e no Vicerreitorado da Universidade, o ciclo AS CURTAS TAMÉN SON CINE.

Na Biblioteca Provincial estuvo exposta a mostra de Homenaxe a Berlanga, que segundo os controis da institución puideron ver 2.460 persoas. Na Praza de San Marcos, diante da Deputación Provincial, estivo situada a mostra MEMORIA FONMIÑÁ, con fotografías de 43 autores socios de Fonmiñá e da Asociación Fotográfica Lucense de Educación e descanso, con innumerables visitantes imposibles de cuantificar dada a situación da mostra ao aire libre.

“Publicamos 35.000 exemplares do XORNAL DA SEMANA. Nas súas 16 páxinas recóllese ampla información sobre proxeccións e actividades complementarias da Semana. Con el, 32.000 fogares lucenses recibiron información directa desta celebración”

Publicamos 35.000 exemplares do XORNAL DA SEMANA. Nas súas 16 páxinas recóllese ampla información sobre proxeccións e actividades complementarias da Semana. Con el, 32.000 fogares lucenses recibiron información directa desta celebración. E nas webs da Semana (www.semanadecinedelugo.com e www.fonmiñá.es), recibíronse un total de 10.760 visitas procedentes de 44 países.

Periódico, libro-programa da Semana e cartel anunciador, amosaban a imaxe da Semana, obra da artista lucense Sabela Arias, que constitúe unha homenaxe a Luis Berlanga cando se cumpren os cen primeiros anos do nacemento do xenial cineasta, ao que recibimos de xeito entusiasta cun “Benvido a Lugo, Mr. Berlanga!”.

Colocáronse dúas novas placas no Paseo lucense do Cine (LUIS IGLESIA e FRANK BRAÑA) e publicáronse tres libros da Biblioteca da Semana de Cine: LUIS IGLESIA, O ACTOR DE RIOTORTO (Manuel Curiel; MEMORIA FONMIÑÁ (Eduardo Rodríguez Ochoa), e CINEPOEMAS, de Claudio Rodríguez Fer, en edición especial para a Semana de Cine, por xentileza da editorial Ouvirmos, con especial deseño gráfico de Cristina Fiaño. A Colección Semana de Cine acada así nestes momentos un total de 23 títulos.

Estes libros están sendo entregados aos interesados neles nas institucións colaboradoras: Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia, Vicerreitorado da Universidade e Galicia Digital (Noreas, 30, ent.Lugo).

E para contribuir á maior difusión destas obras, a organización da Semana de Cine, coa colaboración da Biblioteca Provincial de Lugo, efectuou – a xeito de especial e doméstico “bookcrossing”– a distribución gratuita dos libros colocando unha mesa diante do edificio desta instalación na Avenida de Ramón Ferreiro para que os interesados puidesen retirar exemplares.

Continuando na linea de anos anteriores de homenaxear a profesionales destacados no mundo da fotografìa, rendeuxe homenaxe ao fotógrafo vilalbés VALENTÍN PURRIÑOS PAZ. E programáronse dúas proxecións de filmes relacionados con Guitiriz: As películas “Entrar nos Vilares” e a lembranza do “Cine Tomé”

Por fin, no M.I.H.L, programouse a FERIA DE LAS ILUSIONES, a cargo de TÍTERES ERRANTES, con exposición e actividades relacionadas cos primeiros tempos da sétima arte, no que participaron 160 persoas.

O total de participantes, agás as visitas á exposición MEMORIA FONMIÑÁ, imnposible de cuantificar pode establecerse en 5.230 persoas: 100, en Aspnais; 300, nas prisións; 2.210, nas proxeccións das sedes da Semana; 2.460 na exposición Berlanga e 160 na “Feria de las ilusiones”.

A organización da Semana quere facer patente o seu especial agradecemento ás institucións que fan posible a Semana (Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade-Campus de Lugo), e a todos os lucenses cinéfilos pola súa participación na XLIII Semana de Cine de Lugo.

Outros artigos