O goberno municipal aposta polo aforro no alumeado público

O Concello de Tomiño puxo en marcha un plan de aforro no alumeado público. Tomiño gasta ao ano máis de 700.000 euros en consumo de electricidade. Isto supón un significativo 15% do orzamento municipal.
O plan busca a racionalización do servizo e a concienciación da cidadanía da necesidade de reducir o gasto en iluminación. O paquete de medidas contempla a desconexión de puntos de luz en zonas non habitadas, desconexión de forma alterna en estradas a partir das 12 da noite, desconexión de alumeado ornamental nas igrexas a partir das 23 horas e revisión das necesidades de luz en instalacións municipais.
O Concello estima reducir entre un 10 e un 30% o gasto en facturación eléctrica. A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, considera que con este plan se pode chegar a aforrar “entre 100.000 e 200.000 euros na facturación da luz”.

Outros artigos