O Goberno de Salceda vai a investir en pistas deportivas

O Concello vai cumprir os compromisos adquiridos tralo pacto de Goberno Municipal BNG-PSG-PSOE cos veciños e veciñas de Salceda
Salceda de Caselas | O Concello de Salceda de Caselas, ven de recibir unha subvención da Deputación do “Plan de Investimento da Deputación de Pontevedra”, onde figura o “Plan de investimentos da Provincia de Pontevedra” para o ano 2012.  A contía que recibirá o Concello ascenderá a unha totalidade de 228.485,32 € e serán destinados para obras dentro do Termo Municipal.
Os proxectos que se van a acometer en Salceda son a “Construcción de Pistas Polideportivas na Área Deportiva de Altamira. Salceda de Caselas” e a “Recuperación Ambiental e Senda Peonil no Río Caselas: tramo Palomar de Antero-Regadas”. O orzamento de ambos proxectos ascende a 228.485,24 €.
O proxecto de construcción das Pistas Polideportivas ven de atender á demanda das mesmas, por parte dos veciños e veciñas e dos grupos escolares de Salceda de Caselas, que pasarán a dispor dunha nova ubicación para o seu desenvolvemento deportivo. As dúas pistas vanse a asentar na continuación do complexo deportivo integrado na actualidade polo Pavillón Polideportivo dos deportes xunto coa área escolar CEP Altamira-CRA Raíña Aragonta.
Por outra parte a “Recuperación Ambiental e Senda Peonil do Río Caselas: Palomar de Antero-Regadas” vai a continuar coa senda xa existente do Río Caselas. En vistas de que Confederación Hidrográfica paralizou durante mais de un ano o proxecto de Recuperación, e agora asegura a imposibilidade de acometer a súa financiación con fondos europeos destinados a concellos veciños, para a consecución de proxectos de índole similar. O Concello de Salceda non está disposto a renunciar á súa promesa de que todos os salcedenses poidan disfrutar da continuación do paseo ata As Regadas, tal e como inicialmente se comprometeu Confederación co noso Concello ao aprobar o proxecto para a súa execución o .29 de Setembro do ano 2011.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde, asegura que “o aumento da poboación infantil e xuvenil en Salceda crea a necesidade de proporcionarlle instalacións para crear uns hábitos de vida saudable. Ademáis obras deste tipo manteñen postos de traballo, a inversión crea emprego que é a maior inquedanza dos veciños e veciñas”.
Marcos besada, Alcalde de Salceda incide na importancia de continuar coa posta en valor das áreas de ocio e lecer no noso pobo, sobre todo se tamén atende á recuperación do río, dende un punto de vista paisaxístico e de conservación do medio e por outro lado atendendo as necesidades dos veciños e veciñas a través do uso que lle están a dar as sendas xa existentes.
É moi importante cumprir cos compromisos acordados con todos os veciños e veciñas de Salceda, cumprindo as promesas electorais que son coincidentes no bipartito que conforma o Goberno de Salceda. Traballando xuntos e arreo conseguiremos mellorar o noso Concello, cumprindo sempre co mais importante, a nosa palabra. Aseguran Marcos Besada, Alcalde de Salceda e Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde.