O Goberno Central inviste na intermodal de Ourense

Toño Naval: "Hai que evitar que os 130 millóns que cheguen do Estado estean lonxe das mans de Jácome"

Ourense | Trala pregunta formulada polo deputado Antón Gómez-Reino Varela, sobre a estratexia do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, para a mellora das conexións ferroviarias entre Ourense e o resto de Galicia, así como como as medidas a adoptar para modernizar a estación intermodal de Ourense; dende a formación de Agora Ourense alégranos que nos contestasen da mellor maneira posible, dende o Consello de Ministros, facendo un investimento de 130 millóns de euros para mellorar a intermodal de Ourense.

“Sabemos que o partido socialista sempre tarda en cumprir as súas promesas e por iso xurdiu a nosa formación; poder presionar desde dentro das institucións. Canta máis representación teñamos, máis rápido teremos as melloras que precisa Ourense. ”

Segundo Toño Naval “xa hai enquisas que nos dan entrada no Concello e co que nos falta en campaña chegaremos a varios representantes. O principal obxectivo é acabar coa corrupción de Jácome. Non pode volver a xestionar recursos públicos, e por iso, necesitamos que ninguén quede na casa e acuda o 28 de maio a a votar”.

Agora Ourense afirma que “desde Podemos Ourense, Ourense Mellor, Esqueda Unida, Alianza Verde, Verdes-Equo e Recortes Cero estamos a traballar en equipo para acadar estes obxectivos, e imos por eles. Os 130 millóns que virán do Estado deben estar lonxe das mans de Jácome. El mesmo declarou que quería “robar a lo grande” e non debemos permitilo”.