Monforte degustou o mellor viño da Ribeira Sacra

Participaron 27 adegas e 12 postos gastronómicos en Monforte

Monforte de Lemos | “Temos que falar de éxito rotundo dun festival que aumenta en público ano tras ano, que é un referente no sector vitivinícola e un importante dinamizador da economía local a través de sectores como o turismo e a hostalaría. Sen dúbida, o esforzo que facemos desde o equipo de goberno na organización deste evento merece a pena”, indicou o alcalde monfortino, José Tomé.

A pesar das altas temperaturas rexistradas durante toda a fin de semana, o público volveu responder de forma masiva, mantendo unhas cifras de participación moi destacadas, cun aumento relevante das ventas directas de botellas nas adegas, aspecto que os propios adegueiros manifestou o alcalde na clausura do evento.

“Este crecemento do Festival do Viño en todos os sentidos demostra que se cumpre o obxectivo principal co que naceu esta iniciativa: promocionar os viños da D.O. Ribeira Sacra e converter as degustacións en ventas directas, xerando un impacto económico real para as bodegas participantes”, apuntou Tomé.

O programa de actividades complementarias volveu rexistrar unha excelente acollida por parte do público. As catas temáticas, a masterclass e as rutas do viño organizadas durante o Festival do Viño acadaron o cen por cento de ocupación.

Outro dos éxitos desta oitava edición do certame foi a solidariedade, coa venda de 1.082 pulseiras solidarias, poñendo de manifesto o compromiso solidario da veciñanza e das persoas visitantes. A recadación destinarase a unha entidade social de Monforte co fin de apoiar a importante labor que desenvolven estas asociacións.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.