O Festival Arteficial volta a conxunto histórico de Ribadavia

Dez bandas de España e Portugal participarán na 17ª edición o 1 e 2 de setembro

Ribadavia | O Festival Arteficial presenta a su programación completa, composta case exclusivamente por dez bandas de España e Portugal, seguindo a liña tomada nas últimas edicións ca que se pretende por en valor e dar visibilidade a novas bandas emerxentes da Península e as Illas, ademais de diferentes actividades e exposicións.

Dende Portugal chergarán as bandas: Sfistikated, dúo formado por João Marques (integrante de First Breath After Coma) e Roberto Oliveira (do grupo Whales). Esta parella musical cruza fronteiras musicais que unen o hip-hop, o pop e a electrónica, na que tamén están presentes toques de experimentalismo e glitch, para crear un son completamente novo.

Son varios os grupos galegos: En primeiro lugar, atopámonos con Loiros, que tamén abogan pola mistura de xéneros. Baixo un enfoque jazzístico, a psicodelia e o post-rock, crean unha paisaxe sonora única na que o ouvinte experimenta diferentes estados emocionais. Destacan o seu son crú en contraste coa elaboración dos seus arranxos, así como a delicadeza das melodías vocais.

Todas las Batallas Perdidas, procedentes da zona de O Ribeiro é un proxecto que nace coas cancións compostas por Hugo en 2018 e 2019, ao que posteriormente se uniría Álvaro Lorenzo, dando forma a un disco conceptual que expresa a través da música un percorrido ao longo dunha vida, pasando por distintas emocións e sentimentos.

Os seguintes artistas galegos son Malandrómeda VS. LAR Legido. A experimentación e o rap do primeiro únense á formación musical, teórica e conceptual do segundo para traer unha proposta que destaca pola súa simplicidade e crueza: percusión, voz e textura será o único presente na súa actuación.

Por último, Carabela, grupo creado por Alba Vázquez, Pablo Agra e Ana Moas, tres amigos que se uniron en 2021 para crear o seu primeiro EP mezclando música pop, electrónica e música tradicional galega.

Procedentes doutras zonas de España estarán: Amor Líquidx, unha banda con máis actitude que calquera outro grupo underground. Co seu pop-punk, veñen de percorrer salas en Madrid, Alicante e Barcelona, e recentemente gañaron o premio MadCoolTalent. Outra banda presente é Agosto, que presenta riffs marcados e letras que evocan lugares onde reina a melancolía e o calor. Contan con referencias vocais de artistas como Arlo Parks, Clairo e Àngele, e guitarras que beben de The War On Drugs, Dinosaur Jr. ou Kevin Morby.

O único que non provén de España ou Portugal é o caboverdiano Silvino Branca, unha figura moi importante do funaná moderno. Encarna á nova xeración deste estilo musical creada nos guetos de Cabo Verde, onde comenzou a tocar cando só tiña cinco años. Con inspiración e influencia dos antiguos mestros, crea un estilo completamente novo: o Cotxi Pó, que se caracteriza por ritmos rápidos, a presenza do acordeón e as letras que falan de pobreza e reivindicación social.

O cartaz desta 17ª edición de Arteficial complétase cos DJ’s Paula RR e Issac Pedrouzo. A primera mistura ritmos reggaetoneiros con post-punk, mentres que o segundo, que se considera retirado dos escenarios, xa participou noutras ocasións no festival e volve á Madalena un ano máis. Este ano o lugar escollido para a súa realización será a Igrexa da Madalena e as súas prazas colindantes (Madalena e Buxán), así como o adro da Igrexa da Oliveira, voltando así ao conxunto histórico de Ribadavia onde se realizou nas demais edicións.

Outras actividades
O 1 de setembro, venres, a Igrexa da Madalena acollerá á primeira edición do Laboratorio Sonoro, un obradoiro que ten a intención de crear un espazo de diálogo e creatividade no que traballar a improvisación e a utilización da tecnoloxía actual para as prácticas sonoras experimentais. Estará impartido polos músicos María Domínguez e Pablo Paz. Esta actividade enmárcase nas accións de difusión do Carné Xove.

O Mercado das Sementes ofrece un espazo de intercambio e difusión para empresas culturais e creativas onde ten cabida o fanzine, a moda ética, artes plásticas, etc. Este mercadiño toma o seu nome dun antigo que se realizaba na mesma Praza da Madalena na que se celebra o Arteficial, o cal se levaba a cabo na época de colleita para conseguir o gran para as novas plantacións.

O festival este ano tamén contará cunha zona gastronómica de quilómetro cero, no que bares e restaurantes da zona do Ribeiro darán de comer a todo o público do Arteficial. Ademais dunha pulpeira, o bar quee dará comidas nesta edición será A Parra, ubicado en Francelos e especializado en hamburguesas, que contará ademais con opcións veganas e vexetarianas. Que esta zona sexa quilómetros cero significa unha reducción de emisións de gases contaminantes debido ao transporte, así como o apoio ao comercio local da zona de Ribadavia.

Tamén se realizará unha actividade para crianzas con dúas quendas, unha ao mediodía e outra pola tarde, chamada “Refugallo musical”, no cal os nenos e nenas participantes levarán a cabo instrumentos musicais creados a partir de materiais reciclados que se poden atopar por casa.

Arteficial busca conxugar varias disciplinas artísticas, polo que é común que nas súas edicións tamén se presenten diferentes exposicións de artistas que se ubican, gracias á súa colaboración, no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Este ano a exposición é “Arte efémera para toda unha vida: Cuestións sobre a tatuaxe”, na que cinco profesionais desta arte milenaria darán resposta a través de diferentes medios artísticos e visuais ás diferentes preguntas que poden surxir sobre as tatuaxes, como a súa historia, problemática, aceptación, etc. A exposición abrirá as súas portas o 31 de agosto e poderase visitar nas instalacións do museo arredor dun mes.