O Eixo Atlántico impulsa a identificación de iniciativas para sacar ás cidades da crise

Viana do Castelo acolle o 23 de marzo o “Foro: Pensar as Cidades do século XXI” aberto a todas as cidades e sectores profesionais ligados ao desenvolvemento urbano
Vigo | No contexto das estratexias que o Eixo Atlántico impulsa para que as súas cidades adopten posicións activas na saída da crise, o próximo 23 de marzo, terá lugar en Viana do Castelo, no Castelo da Barra, a primeira sesión do “Foro Pensar as cidades do S.XXI”, baixo o título “Gobernanza e xestión das cidades á luz da Estratexia UE 2020”. No citado foro, un conxunto de expertos, tanto ibéricos, como internacionais, presentarán e debateran cos responsables municipais as experiencias máis avanzadas que se están a desenvolver no mundo, para resolver os problemas das cidades neste contexto de crise e tornalas competitivas para retomar o crecemento económico.
Nesta primeira sesión, de un día de duración, os expertos e responsables políticos analizaran as propostas de Comisión Europea para o período 2014-2020 nos eidos do:
Desenvolvemento sostible
Desenvolvemento innovador
Desenvolvemento inclusivo
A importancia destes tres fundamentos ven dada, por unha parte, pola súa incidencia no crecemento económico e, por outra, porque constitúen a cuestión imprescindible para que as cidades poidan seguir recibindo fondos europeos que axuden ao citado crecemento económico.
A sesión será aberta polo profesor Willen Van Winden, da Universidade de Amsterdam, considerado un dos principais expertos europeos na xestión do territorio.
Esta sesión de debate ábrese, por primeira vez á totalidade das institucións da Eurorrexión e do resto de Portugal, así como aos sectores profesionais ligados ó desenvolvemento urbano: urbanistas, arquitectos, ecólogos, axencias de enerxía, economistas, sociólogos,etc.
Para máis información poden consultar a páxina web do Eixo Atlántico, www.eixoatlantico.com.