O Covelo visibilizará o seu rexeitamento á violencia de xénero

A través da iniciativa "Oriéntate Covelo"

O Covelo | O concello de Covelo abre o prazo de inscrición para unha nova edición da actividade “Oriéntate Covelo: Non hai sitio en Covelo para o maltrato 2022”. A través desta proba de orientación o concello de Covelo quere visibilizar o seu rexeitamento á violencia de xénero.

Organizada polo departamento de servizos sociais do Concello, esta actividade é financiada polo pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

“Oriéntate: Non hai sitio en Covelo para o maltrato 2022” congregará, un ano máis, a familias e grupos con ganas de explorar. Organizada en horario de 10:30 a 13:30 horas terá lugar o domingo 26 de xuño de 2022.

Os equipos deberán ter un mínimo de 2 integrantes até un máximo de 5, e están establecidas dúas categorías: Crianzas, sendo obrigatorio que unha das persoas integrantes sexa menor de 12 anos. Distancia a percorrer de 5-6 Km (non sendo obrigatorio facer todo o percorrido). Categoría xuvenil e adulta donde todas as persoas integrantes do equipo sexan maiores de 12 anos (obrigatorio que haxa unha persoa do equipo maior de idade). Distancia a percorrer de 10-12 Km (non sendo obrigatorio facer todo o percorrido)

A carballeira do Campo da Feira será o punto de arranque no que se congregarán os equipos participantes armados de mapa, tríptico e folla de balizas dispostos a realizar os mellores tempos.

Esta proba por equipos combina orientación con mapa e diferentes probas denominadas “especiais”.As persoas participantes deberán percorrer a pé unha distancia variable, por terreo de bosque e urbano, tentando localizar unha serie de puntos de control ou balizas e superando diversas probas, que poden ser físicas ou de coñecemento. Estas probas farannos reflexionar sobre o maltrato e a importancia da loita contra a violencia de xénero.

O tempo máximo para realizar a proba é de dúas horas e media, e os equipos deberán acadar o maior número de puntos posibles.

A organización explica que existe a posibilidade de rematar a proba en menos tempo de establecido, no caso de ter completado tódolos puntos ou non querer continuar coa
actividade. Os equipos deciden libremente a orde de búsqueda e o ritmo a seguir (andando ou correndo), non sendo obrigatorio o paso por todos eles. Cun alto compoñente estratéxico, a toma de decisións e o traballo en equipo son claves para completar a proba con éxito.

Toda a información nesta ligazón
http://www.concellodecovelo.es/archivos_editor/file/20220610_Outros_Bases_BASES ORIENTATE NON HAI SITIO EN COVELO PARA O MALTRATO.pdf

Para inscribirse https://covelo.sedelectronica.es/info.0

Outros artigos