O Covelo realizará o Vieiro Mariano

Os vindeiros 4 e 5 de setembro no marco da Ruta Mariana Galaico-Portuguesa
Capela de San Xoan de Mosteiro nas veiras do Rio Alén, no camiño da Vía Mariana ao seu paso por Covelo.

O Covelo | Os vindeiros sábado 4 de setembro e o domingo 5 de setembro terán lugar as dúas fases (etapa 7a e etapa 8) da Vía Mariana ao seu paso Covelo.

No marco das actividades turísticas do Concello de Covelo coa colaboración da Deputación de Pontevedra previstas para este ano 2021, realizase o Vieiro Mariano con un percorrido matinal de 8,5 km o sábado 4 de setembro que dará comezo na Franqueira para rematar na praza de Covelo no Cruceiro do Mestre Cerviño.

O día seguinte, percorreranse 19 km nunha xornada intensa de domingo, dende o centro de Covelo ata a portela do Foxo en Estacas (Fornelos de Montes), onde un autobús devolverá aos participantes a Covelo e A Franqueira.

Os participantes terán a opción de inscribirse para as dúas xornadas consecutivas coa posibilidade de pernoctar de balde no pavillón municipal, ou só participar en unha das dúas fases.

Como ven sendo costume nestes últimos anos, os roteiros serán guiados e interpretados polo biólogo, fotógrafo e guía Julio Eiroa.

Os roteiros son gratuitos pero é obrigatoria a inscrición e aceptación de condicións para poder participar, no teléfono 654.500.652 (Julio Eiroa). As prazas son limitadas e por orde de inscrición, cumprindo as medidas de prevención de contaxio fronte a Covid19.