O Covelo inaugura o Club de Lectura para as familias

Este 28 de abril na biblioteca do edificio de usos múltiples

O Covelo | O Concello de Covelo convida ás familias a participar na inauguración do Club de Lectura para Familias o vindeiro venres 28 de Abril ás 18.15 horas na sala multiúsos da biblioteca no edificio usos múltiples.

Grazas a esta iniciativa as familias reuniranse unha vez ao mes na biblioteca municipal de Covelo para compartir e gozar da lectura acompañadas das súas crianzas. Cada último venres de mes as familias terán tempo para confraternizar arredor da lectura. As persoas que desexen ter máis información deben contactar no número de teléfono 655 52 52 42 ou no teléfono da biblioteca municipal de Covelo 986650154.