• Segue conectado
  • |

O Concello de Salceda reúnese cos sindicatos para garantir os Servizos Mínimos para a folga do 29 de Marzo


Salceda de Caselas | O Goberno de Salceda de Caselas garante os servizos mínimos para a Folga Xeral convocada polos sindicatos maioritarios que terá lugar o xoves 29 de Marzo do presente ano.
Na reunión mantida o venres 23 ás 12:00 cos Representantes sindicais de CCOO e CIG que representan ao traballadores do Concello de Salceda e o Concelleiro de Persoal, Jose Luis González, chegouse a un acordo unánime de garantir os servizos mínimos no Concello nesta folga, contando coa presenza dun administrativo e un persoal de obras.
Jose Luis González incide “é moi importante poder chegar a acordos entre os traballadores que garantan o servizos mínimos do Concello para os veciños e veciñas de Salceda, sen incidir no libre dereito que temos todos e todas para apoiar o acto da Folga” Gabinete de prensa do Concello de Salceda de Caselas.

Publicado o 27 Mar 2012 en Louriña, Política, Salceda de Caselas, Traballo.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies