• Segue conectado
  • |

O Concello de Salceda reabre o seu mercadiño dos mércores

Salceda | O Concello de Salceda de Caselas ven de anunciar a reanudación do mercado semanal dos mércores a partires deste mércores 27 de maio, máis de dous meses despois da súa suspensión por mor do decreto de estado de alarma. Nesta primeira fase volven os postos do sector agroalimentario, 15 no caso de Salceda de Caselas, o que supón algo menos do 25% dos postos totais do mercado. O sector téxtil terá que agardar polo de agora a que as novas normas permitan o seu retorno con tódalas garantías sanitarias.

O Concello ten coordinado coa policía local o dispositivo de funcionamento do mercado a partires deste mércores, coa colocación de vallas e encintando que delimiten a zona de paso da clientela, asi como coa colocación de cartelería ao longo de todo espazo, na que se recollerán as normas a cumplir polas persoas que acudan a facer as súas compras. A policía local velará polo cumprimento do aforo nestes postos, tal como se ven realizando xa nos últimos dous meses na praza de abastos.

Lembran dende o Concello a obrigatoriedade de asistir con máscaras protectoras a realizar as compras, así como de gardar as distancias e cumprir coas instrucións que vaia indicando a propia policía local, que neste caso contará co apoio de protección civil.

Verónica Tourón, Concelleira de Comercio: “damos un pasiño máis na reactivación da economía local, e facémolo en todo momento cumprindo as normas e garantindo a seguridade tanto para o sector ambulante como para a propia clientela”.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “Iremos dando pasos na reactivación dos moitos servizos municipais sempre que se poidan cumprir os protocolos, que resultan complexos e moi custosos. Apostamos pola nosa Praza de Abastos dende o comezo, e agora sumamos a activación do mercado semanal”.

Publicado o 25 Mai 2020 en Comercio, Salceda de Caselas.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies