O Concello de Salceda desminte que non queira recuperar a estatua de Tucho

Salceda de  Caselas | Ante a moción de censura presentada polo portavoz do Partido Popular de Salceda no cal se solicita a recolocación da estatua de Antonio Sanjuán Casales no pleno transcorrido o venres 31 de Agosto, o Goberno de Salceda responde que está de acordo coa restauración da estatua, pero non está de acordo coa exposición de motivos de dita moción.
A moción cumple un fin, a reconstrucción da estatua, que todos os partidos
políticos están de acordo, pero a abstención do PSdG-PSOE e o voto en contra do BNG se fundamenta na exposición de motivos que relata a moción.
Dende o goberno convidóuselles a modificalos para aprobar por unanimidade a moción, e ao non acceder o grupo que a presenta, se votou en contra constando en acta que non se aprobou pola exposición de motivos, pero que si se está de acordo coa reconstrucción.
A reconstrucción da estatua, leva un custe engadido de 9.000 euros en pedra, e de 14.000 en bronce, que foi unha das alternativas que presentou o portavoz do BNG para que nun futuro non volva a sufrir destrozos. E ante a situación económica que se está a atravesar, enténdese que unha partida destinada a esta inversión é inviable, cando é prioritario o destino da mesma para sectores como emprego e formación, comercio ou benestar social.
A estatua fora destruída no ano 2010, ano no que a situación económica xa
atravesaba unha situación crítica. Polo que o Goberno de Salceda de Caselas, prefire agardar a unha mellor situación económica para realizar a obra de reconstrucción.