O Concello de Salceda de Caselas aproba en pleno o Plan de Axuste cos votos do BNG e PSG-PSOE e coa abstención do PP

Salceda de Caselas | O pasado 27 de Marzo aprobouse no Pleno Extraordinario, celebrado no Concello de Salceda de Caselas, o Plan de Axuste elaborado en cumprimento do artigo 7 do Real.
Os acordos do día foron o de instar á Xunta e ao Goberno do Estado por unha banda para que exerzan as súas potestades sobre as Entidades cómplices da venda de preferentes, garantindo a recuperación íntegra do investimento realizado, e por outro lado instar a estes organismos a que demanden ao Banco de España e a Comisión do Mercado de Valores a realizar unha inspección sobre a comercialización por parte das entidades financieira das participacións preferentes. Esixindo responsabilidades aos executivos e directivos das entidades financieiras que cometeron fraude masivo aos pequenos aforradores.
Tanto a Plataforma de afectados do Condado-Louriña como a de afectados do Rosal, mantiveron unha reunión co Alcalde de Salceda, Marcos Besada, onde se acordou elaborar dende a OMIC de Salceda unha lista de afectados polas preferentes así coma a realizar reunións no municipio cos veciños e veciñas afectados para mantelos informados acerca dos pasos que teñen que seguir para denunciar, os acordos que se vaian mantendo e tamén as mobilizacións que se están a realizar a nivel galego.
O mércores 27 ás 10:00 da mañá tivo lugar unha concentración de afectados diante da sucursal de Novagalicia Banco convocada pola Plataforma de afectados de O Rosal, onde os afectados entraron na sucursal para que se lles facilite unha solución ante un producto que se lles foi vendido como prazo fixo e con total dispoñibilidade líquida dos seus fondos, cando realmente era un producto de alto risco que non cumpría coas condicións iniciais.
Dolores Castiñeira, Concelleira de Consumo, anima a que a xente acuda a OMIC de Salceda, onde diariamente se está a incrementar o número de afectados. “É inadmisible que as entidades bancarias cometan este tipo de estafas e se lles debe esixir que sen mais dilación devolvan aos veciños e veciñas o seu diñeiro”, asegura a concelleira.
Marcos Besada di que “é inaceptable que as entidades bancarias sexan partícipes deste tipo de enganos e que non exista ningún tipo de penalización para este tipo de actitudes, sendo as persoas que tiñan os seus aforros nestas entidades as perxudicadas e que ao día de hoxe todavía están agardando a recuperar a súa inversión inicial”.