O Concello convida a coñecer os enigmas históricos de Ponteareas

Este luns 18 de setembro a través dunha visita guiada do casco histórico

Ponteareas | O Concello de Ponteareas convida aos veciños a descubrir os enigmas  da vila a través da visita guiada polo casco vello este luns 18 de setembro a partir das 18 horas na entrada do Concello.

O/as interesado/as poden inscribirse no correo bibliotecamuseo@ponteareas.gal ou no teléfono 986 66 07 65.

Por outra banda, o Concello quere agradecer aos membros do Obradoiro polo seu traballo de acondicionamento do Parque de Mota para convertelo nun espazo de lecer e de esparcemento para a veciñanza.