• Segue conectado
  • |

O Concello congratúlase pola aprobación pola Xunta de Galicia do convenio da Eurocidade

Fronteria Tui-Valença


O Alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, amosou a satisfacción do Concello de Tui polo acordo adoptado no día de onte polo Consello da Xunta de Galicia polo autoriza a sinatura do convenio para a creación da Eurocidade Tui – Valença. O goberno tudense impulsor desta iniciativa de cooperación xunto á Cámara Municipal de Valença comproba como este apoio decidido da Xunta de Galicia posibilita que esta vella aspiración das poboacións tudense e valenciana poida plasmarse oficialmente.
A sinatura nos vindeiros días deste protocolo de cooperación posibilitará un afondamento na colaboración xa intensa que manteñen ambas administracións locais en diversos ámbitos da súa acción de goberno. A celebración conxunta, ao longo do pasado ano, do 125 aniversario da inauguración da ponte internacional significou un elemento catalizador deste traballo conxunto que ten abranguido outros ámbitos e intervencións. Cabe lembrar o recente plantación do bosque da eurocidade, nos últimos días de novembro, ou a celebración hai agora unha semana da cabalgata de reis desta eurocidade. Traballar nesta liña posibilitará acceder a programa europeos para financiar os proxectos que se elaboren dende esta eurocidade Tui – Valença.
Moisés Rodríguez Pérez sinala a súa confianza neste proxecto común de colaboración que supón esta eurocidade. Neste tempos de crise é unha oportunidade excepcional para intensificar esta unión compartindo servizos públicos garantindo así unha mellor calidade de vida para os nosos cidadáns. A inmediata sinatura deste convenio abre unha nova etapa nas intensas relacións existentes entre Tui e Valença. Non se trata de perder ou renunciar a propia identidade senón continuar enriquecéndonos mutuamente como ten sucedido ata agora ao longo dos tempos.
Valença e Tui, continúa explicando o alcalde, xa veñen colaborando en múltiples aspectos e iniciativas como, por exemplo, o seu traballo conxunto para evitar o peche da liña férrea que comunica Porto e Vigo e a súa reclamación dunha modernización da mesma que contribúa a cohesión destas dúas cidades irmás e mesmamente da eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.
Moisés Rodríguez conclúe que esta cooperación con Valença é unha medida de caracter estratéxico para a nosa cidade pois o seu progreso está ligado, entre outras medidas, a potenciación dos seus valores e capacidades como enclave transfronteirizo.

Publicado o 13 Xan 2012 en Baixo Miño, Cultura, Tui.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies