• Segue conectado
  • |

O Concello adquire unha parcela no centro urbano para mellorar o tráfico rodado e conseguir unha maior amplitude na zona

Con esta adquisición de patrimonio, o Goberno local pretende derrubar o antigo taller alí situado, na rúa Codesal facendo esquina con rúa Pinar, para que o viario gañe en extensión e evitar posibles colapsos e dificultades en materia de tráfico dada a confluencia de rúas nese mesmo punto

Avda. de Galicia con Antonio Palacios


Co obxectivo de contribuír á construción dun municipio ordenado eliminando aqueles elementos que provocan feísmo urbanístico e supón ademais un obstáculo ao tráfico rodado, á vez que se melloran e amplían as infraestruturas en beneficio de todos os veciños, o Concello do Porriño realizou nos últimos días a compra dunha edificación situada en pleno centro urbano. Trátase dun antigo taller situado na rúa Codesal, en esquina con rúa Pinar e na entrada a José Fernández López, cunha superficie de aproximadamente 100 metros cadrados.

Rúa Codesal con rúa Pinar


Do mesmo xeito que coa adquisición das dúas vivendas situadas ao comezo da rúa Arquitecto Antonio Palacios, entre a Casa Consistorial e a rotonda que a comunica coa Avenida de Galicia e Domingo Bueno, con esta nova adquisición “trátase, xa non só de eliminar a imaxe de feísmo paisaxístico que provocan, senón que neste caso particular darase unha maior amplitude e extensión ao viario que por alí discorre onde conflúe o tráfico rodado procedente de diversas rúas”, explica o alcalde Nelson Santos.
O inmoble alí situado provoca un estrechamiento nesa zona do viario, penetrándose en leste e, consecuentemente, provocando a súa estreiteza e dificultades na condución, sobre todo na entrada á rúa José Fernández López. “Deste xeito, tras o derrube deste antigo taller, ao que se procederá en breve, a zona quedará totalmente despexada podéndose reordenar o tráfico adecuadamente evitando posibles colapsos e dificultades á hora da condución”, conclúe o rexedor local.

Publicado o 5 Xan 2012 en Louriña, Política.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies