
Gondomar | Fernando Casás, escultor galego formado no Brasil, presentou en Gondomar, localidade da que é oriúndo, Código Cupim (Fundación Fernando Casás, Ars Natura), un conxunto de 50 poemas sustentados nunha obra do artista Código Cupim, composta por unha serie de placas de madeira resultado dun longo proceso de matinación e elaboración realizado por Casás entre 1965 e 1987.

Non é propiamente un libro senón un conxunto de pregos dispostos para a súa apertura en acordeón. Na presentación Casás estivo acompañado polo poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, a actriz Xela Marx, os músicos Carlos Enrique Pérez e Daniel Pérez Torres e o escritor Cárlos Méixome.





