O Círculo Poético Ourensán protexe e difunde as creacións literarias feitas en Ourense

Mantén contactos con outros colectivos de Portugal e México

Ourense | O Círculo Poético Orensán fúndase no ano 2009. A súa presentación realizouse no Liceo de Ourense o 30 de setembro dese mesmo ano. O seu presidente é Xosé Ramón Fernández Morgade desde un ano despois da súa fundación.

Teñen local social?
Ao principio sí, pero os custos eran elevados e decidimos prescindir da sede e dedicar ese diñeiro para mellorar as nosas actividades. Actualmente, cando nos reunimos facémolo nun espazo, dentro do restaurante El Coto, que nos ten cedido Carlos Martínez na rúa Reza.

Cál é o obxectivo do colectivo cultural?
O obxectivo principal é o de protexer e difundir as creacións literarias feitas en Ourense, a través do apoio aos escritores e as escritoras que necesiten asesoramento e orientación e dun traballo de achegamento da poesía a todos os veciños e veciñas da capital.
Círculo Poético Ourensán ten certos obxectivos básicos entre os que destacan: dar a coñecer a obra de escritores e escritoras residentes en Ourense, asesorar aos e as creadores noveis e potenciar a literatura nos centros educativos.

Os proxectos desenvolvémolos a través de tres liñas principais: educativas, xerais e de publicacións. As educativas céntranse na organización de talleres de creación e recitais; para dar a coñecer aos nenos e nenas o mundo da literatura e achegarlles a súa realidade de maneira viva. Dentro das actividades xerais tamén se prevén recitais ademais de talleres de creación, de comprensión literaria e intercambios culturais.

Quénes integran o Círculo?
Na actualidade a directiva de Círculo Poético Ourensán esta composta por oito persoas:
Presidenta de honra: Irma Ruth del Ángel del Ángel. Presidente: José Ramón Fernández Morgade, vicepresidente: José Antonio Santos Martín, secretaria: María Rosa González Méndez, tesoureiro: Adrián González González e vocais: Santos Martín López, Segismundo Fernández Tizón e María Elisa Abad Suárez. Ademais dos Amigos/as de Círculo Poético Ourensán que á data compóñeno 53 persoas.

“Círculo Poético Ourensán mantén relacións e colaboracións con distintas formacións tanto de Ourense, como de fora”

Teñen contactos con outras formacións de Ourense e Galicia?
Círculo Poético Ourensán mantén relacións e colaboracións con distintas formacións tanto de Ourense, como de fora de Ourense, destacando a colaboración de membros de Círculo con Nós, a Xente do Redor, cuxo director é Avelino Jácome. Fóra de Ourense cabe destacar o Grupo Poético de Aveiro (Portugal), liderado polas poetas Rita Capucho e Carla Ribeiro; o Encontro Internacional de Poesía de Zamora (Michocán – México) cuxo director é o poeta Roberto Reséndiz e coa Asociación Libre San Luís de San Luís Potosí (México) cuxa presidenta é a poeta Irma del Ángel.

Contan con colaboración das institucións?
A colaboración da institucións con Círculo Poético é prácticamente nula. Soamente a Deputación de Ourense a través das subvencións de carácter competitivo que cada ano saca a concurso para organización de actividades culturais de asociacións sen ánimo de lucro, colabora cunha pequena achega. O resto do diñeiro que Círculo necesita para as súas activivades saen das achegas realizadas polos Amigos e Amigas de Círculo, e de colaboracións de entidades privadas, onde destacamos o Centro Comercial Pontevella, a Academia Postal, o Restaurante Pingallo, Santorúm S.L. e Contratacións Lúa.
Cáles son as realizacións máis destacadas?

Ao longo do ano colaboramos intensamente con distintas asociacións e entidades que nolo solicitan, e sempre de balde, xa que Círculo Poético non cobra nada polas súas actividades.
Gustaríame destacar sobre todo tres actividades que realizamos: Os recitais “Tardes de Poesía” que todos os segundos martes de cada mes, excepto agosto, celebramos no Centro Cultural Marcos Valcárcel, ás 19.30 horas. O concurso de poesía para alumnos e alumnas de Primaria, Iso e Bacharelato da provincia de Ourense, que este ano cumpriu a súa XII edición O Encontro Internacional de Poesía “Víctor Campio” que organizamos a primeira fin de semana de outubro e que este ano chega ao seu XIV edición.

Cales son as previsións para este semestre?
Para este semestre, ademais das Tardes de Poesía comentadas anteriormente, temos a primeira fin de semana de outubro o XIV Encontro Internacional de Poesía “Víctor Campio” que contará coa participación de seis poetas de España, Portugal e México. Xa en decembro, organizaremos o recital “Versos que traes? Esperanza” que é un recital solidario para recadar fondos para unha Asociación sen ánimo de lucro e con carácter social.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.