
Monforte de Lemos | A Praza da Compañía de Monforte acolleuo xoves, 21 de agosto, dous novos concertos do V Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos, unha iniciativa do Concello de Monforte que forma parte do Programa do Verán Cultural e que ten por obxectivo poñer en valor o talento local e levar a música en directo a diferentes espazos da cidade.
Tralas actuacións dos grupos Segunda Parte e RockinKb na Praza de España o martes 18, e a de Nëctarine Soul, na Praza da Estación o mércores 19, este xoves, o ciclo desprazouse ata a Praza da Compañía coa participación dos grupos Galga Blues e Bella Chaos.
O alcalde José Tomé, que asistiu ás tres xornadas de concertos acompañado de outros membros do equipo de Goberno, lembra que o obxectivo deste ciclo de concertos é, precisamente, dar visibilidade e proxección ás bandas de música local ofrecendo aos artistas monfortinos un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante o público. “Queremos que os grupos monfortinos sexan os protagonistas e que a veciñanza teña a oportunidade de descubrir e desfrutar da música que se fai na nosa propia cidade”, indica. Deste xeito, a programación funciona como un punto de encontro entre os músicos locais e a veciñanza, ao tempo que contribúe a dinamizar a actividade cultural de Monforte.
Os concertos regresan a próxima semana con tres novas citas na Praza da Compañía, Praza da Estación e Praza de España: Martes 25 ás 23:00 horas na Praza da Estación: Movilla y los Irrepetibles. Mércores 26 ás 222:30 na Praza da Compañía: Duce. 00:00 horas na Compañía: Los Jinetes del Trópico. Xoves 27 ás 22:30 horas na Praza de España: 7 Rojo. Ás 00:00 horas na Praza de España: EL Mundo de Sofía Band. Na foto actuación de Os Xoglares de Lemos.




