O casco urbano do Porriño será unha gran Zona Verde

Grazas a un proxecto de humanización na contorna da rúa Pío XII

O Porriño | O Concello do Porriño deu hoxe un paso importante na humanización do seu centro urbano dotando de partida orzamentaria un dos proxectos urbanísticos de maior impacto: a humanización da contorna do centro social que condicionará as rúas Antonio Palacios, Domingo Bueno, Ramón González e Pío XII creando un gran espazo público.

A goberno municipal aprobou definitivamente a modificación orzamentaria que consigna a aportación municipal comprometida no convenio asinado coa Deputación de Pontevedra para executar a primeira fase do proxecto. Concretamente 460.000 euros, o 33% do orzamento total. Simultaneamente, o Concello do Porriño está adquirir os terreos necesarios para levar a cabo estas obras.

Este proxecto consiste na creación dun gran espazo público pensado para dar prioridade á mobilidade peonil e máis importancia ás zonas verdes, ao tempo que se limita o paso de vehículos. Para conseguilo está prevista a creación dun espazo contínuo, accesible e verde, no que se mellorará a comunicación peonil entre o centro urbano e a rúa Pío XII, crearanse novas zonas de convivencia baixo a sombra de novas especies arbóreas e buscarase a apertura da contorna do centro social coa rúa e o parque, ademais de executarse a renovación integral da zona de ocio infantil. Ao mesmo tempo, na calzada de Pío XII renovaranse todas as redes de servizos e dotarase dunha plataforma única que conecte coa nova zona verde da contorna, reducirase o tráfico e a súa velocidade.

“Este novo espacio conectará o centro urbano e poñerá en valor esta céntrica zona, xerando novas oportunidade de uso para mellorar a calidade de vida da cidadanía”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Quero aproveitar para agradecer a disposición dos propietarios a facilitar ao Concello que este gran parque sexa pronto unha realidade”.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.