“O Carón da Lareira”: Arbo prepara a XXVIII Festa da Lamprea Seca

Que terá lugar os días 11, 12 e 13 de agosto

Arbo | En Arbo soubemos sacarlle partido a lamprea tamén o resto do ano a través da denominación seca, un exquisito fumado que admite o recheo de ovo e xamón e que tamén pode tomarse con fideos e tirabeques. Son moitas as formas de preparar a lamprea e cada restaurante, garda con esmero os seus pequenos secretos.

A primeira quincena de agosto na Carballeira de Turbela, este ano coincidindo os días 11, 12 e 13 de agosto, a vila de Arbo volve converterse na Capital Mundial da Lamprea, coa celebración da XXVIII Festa da Lamprea Seca.

Durante todo o día pódense degustar nos postos habilitados este manxar nas súas diferentes variedades, asada, rebozada, rechea, con fideos… acompañada dos mellores viños da D.O Rías Baixas presentes no recinto, mentres se goza das diversas actividades que propiciarán un ambiente festivo apto para todos os públicos.

A festa da Lamprea Seca é unha fórmula perfecta para propulsar o turismo e o interese sobe Arbo, o seu patrimonio, a súa cultura e tradicións. Unha fórmula onde ten moita presencia a poboación local xa que son parte activa da celebración: os bares e os restaurantes que nestes días aumentan considerablemente o número de comensais, e que ademais algúns deles participan ofrecendo Lamprea seca, nas súas distintas variantes na Carballeira de Turbela. Tamén son parte importante da festa diferentes asociacións de Arbo que participan na organización da festa como son, por exemplo, a Coral Polifónica de Arbo, a Asociación Deportiva LimpreBike na organización da Festa da Bicicleta, a as actuación dos Grupos Folcloricos de Arbo.

A festa da Lamprea Seca contribúe de maneira clara e directa á economía da vila, ás empresas, ás adegas, casas de turismo rural, hostalaria…. Unha fonte de ingresos para toda a poboación en xeral, xa que durante este período festivo Arbo permanece chea de visitantes doutros pobos e incluso tamén de Portugal e outras zoas.

Apunta os días, ó 11, 12 e 13 de agosto tes unha cita en Arbo, unha cita coa gastronomía!! Unha cita coa tradición!! Unha cita coa Lamprea!!